[Charla] Sábado 24, 19h Ateneo Libertario Xosé Tarrío (A Coruña, Galiza)
O vindeiro sábado, día 24 de marzo, ás 19 h, poderedes desfrutar no Ateneo Libertario Xosé Tarrío (rúa La Paz 16 baixo, no barrio coruñés de os mallos) dunha charla-debate sobre a situación do curdistán, a súa actualidade na guerra de Siria e a Revolución Social implementada en Rojava baixo o paradigma do Confederalismo Democrático. Correrá a cargo dun compañeiro de Rojava Azadí, colectivo pola Revolución Social en Rojava.
Con este acto o Ateneo Xosé Tarrío pretende continuar coa campaña de sensibilización sobre a dramática situación que sofre o cantón curdo-sirio de Afrin, invadido polas tropas turcas e os seus aliados islamitas. Así que probablemente non será a última charla a este respecto e en breve anunciaranse novas mobilizacións.