[CONCENTRACIÓN] 5 marzo en A Coruña en solidaridad con el pueblo kurdo y Afrin [GAL]
O pasado 10 de febreiro, Samuel Prada León, un mozo galego de 25 anos, caía morto combatendo xunto as milicias curdas contra a invasión turca do norte de Siria. Por primeira vez os medios de comunicación españois facíanse eco da inxustificable agresión aos dereitos humanos e aos tratados internacionais que o goberno de Ankara desatou contra o pobo do Curdistán; usando como xustificación a manida e omnipresente escusa da loita contra o terrorismo. O eufemístico nome de “operación póla de oliveira” esconde unha invasión do territorio soberano sirio, que pretende afogar en sangue e lume a revolución social que se desenvolve no noroeste desta rexión. Pois baixo o paradigma do “ Confederalismo Democrático” estase a implementar un novo modelo de xestión comunitaria participativa, inclusiva cos distintos grupos étnicos, de fortes conviccións ecoloxista e socialistas-asemblearias. Aínda que quizais unha das suas características máis rechamantes sexa a importantísima participación da muller, pois ademais de ter representación obrigatoria en todos os órganos directivos, conta cunhas milicias exclusivamente femininas (as YPJ).
A pesar de que as tropas curdas amosaron ser as máis eficaces combatentes contra o Estado Islámico (eloxiadas por occidente durante a resistencia de Kobane, o rescate das minorías yazidies, ou a ofensiva de Raqqa) o silencio dos medios de masas volveuse unánime. Pois neste caso non é o ISIS, se non Turquía, o segundo exército da OTAN, quen vulnera o dereito internacional para esmagar as ansias democráticas de todo un pobo. Informar sobre este novo conflito, dentro do xa vello conflito sirio, evidenciaría a falta de vontade dos nosos gobernos para enfrontar a deríva autoritaria de Erdogan, presidente islamita turco e socio preferente de occidente. Por iso os mass media prefiren agochar esta agresión inxustificable antes que poñer de manifesto a covarde impotencia europea.

O poder pretende invisibilizar esta inxustiza, mentres centran a súa atención nas accións non menos crueis do Estado Islámico ; pois se a cidadanía ignora o conflito, o estado non ten por que tomar partido. Mentres as guerras que interesan ao capitalismo acaparan as portadas, as inxustizas que prefiren silenciar apenas saen nas máis recónditas páxinas dos xornais. Turquía é membro da OTAN, mesmo está en negociacións de adhesión á Unión Europea. Por tanto os nosos gobernos son cómplices das masacres perpetradas polos seus socios, realizadas con armamento europeo e bendicidas co noso silencio.
Só a mobilización das persoas conscientes, facendo público o conflito, poderá deter esta inxustiza. Cada día que pasa seguen morrendo inocentes e consolídanse os plans imperialistas dun estado autoritario e asasino. Non podemos seguir mirando cara outro lado. É hora de actuar.
Fóra as mans turcas do norte de siria!
Solidariedade activa co pobo curdo!